Monday 06 de May de 2024

O Concello premia aos veciños e veciñas máis lectores das bibliotecas


Os 12 veciños e veciñas máis lectores das bibliotecas municipais durante o 2023 serán premiados polo Concello. este xoves 21 de decembro, ás 18 horas no auditorio das Torres de Santa Cruz, celebrarase un acto público que ademais da entrega dos galardóns contará cun espectáculo de maxia do mago David Méndez.

 

En función das idades creáronse 4 categorías, distinguíndose aos 3 usuarios con máis libros lidos en cada franxa de idade. O premio consistirá na entrega dun vale para adquirir por libros, material informático, audiográfico ou videográfico por importe de entre 50, 75 e 100 euros, en función da posición.

 

O acto, de acceso libre e gratuíto, contará ao seu remate co espectáculo Maxia de aquí e de acolá do mago David Méndez.